• A 92.3 fm de novo ocupada en Ferrolterra

    kissfm

    A frecuencia 92.3 fm , que fai agora dous anos ocupaba a desaparecida Radio Atlántica de Narón, quedara en portadora ata fai unhas semanas. Dende fai pouco, este dial está ocupado pola radiofórmula Kiss fm, pertencente ó grupo Kiss Media.

    O dial 92.3 fm xa fora empregado (de xeito ilegal) por Radio Atlántica, un proxecto dirixido polo empresario Antonio Oña Carbonell e que rematou en fracaso logo de varias denuncias de traballadores da emisora por impagos así como problemas co propietario do edificio polo non abono da cuota de alquiler mensual.

    A súa vez, cómpre recordar que a emisora Kiss fm ya foi víctima do peche de varios diais en comunidades coma Cataluña por carecer de licencias para emitír. Esta radiofórmula conta con outro poste repetidor (87.9 fm) en Montefaro (Ares), onde tamén estaba o de Radio Atlántica e onde se supón tamén estará o novo (92.3 fm)


    Publicado o 6 de noviembre de 2009 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario