• A crise tamén presente nas grellas publicitarias

    crisis-economica

    Non é nada novo se dicímos que a crise que está afectando a todo o país durante o que levamos de ano deixouse ver notablemente nos medios de comunicación; na radio tamén. Así, os grandes grupos de comunicación víron como as súas grellas publicitarias reducíanse considerablemente levando en moitos casos a ter que facer reaxustes en canto ó persoal laboral.

    Segundo afirman dende “Puro Marketing”, a pendente de caída comezou a atenuarse tralo segundo trimestre do ano, que foi o peor de toda a historia da publicidade en España.

    Na nosa comunidade chegouse a dar o caso de medios que tiveron que pechar, e pese a que se achega o nadal e tradicionalmente unha época de gran inversión por parte das empresas nas radios para anunciar as súas ofertas, este ano verase reducida esa inversión considerablemente.


    Publicado o 21 de noviembre de 2009 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario