A ONCE porá á venda un cupón con alegorías referidas ao 75 aniversario de Radio Lugo, asociada á SER, e que forma parte dos actos programados por esta emisora ao longo de 2010, segundo informan fontes da propia empresa. O cupón sairá á venda para o sorteo do 18 de Abril de 2010 e no mesmo figurará o logotipo do 75 aniversario e poderá verse a figura do fundador, o leonés Ramón Beberide, nun estudio de radio. Ademais, a emisora decana de Lugo está aproveitando a ocasión para recuperar na súa programación voces de todos estes anos nos que disfrutaron de programas de grande éxito e popularidade. Entre finais de Maio e principios de Xuño, Radio Lugo ten previsto celebrar como acto central unha gala, na que se otorgarán varios premios a persoas e entidades que resultaron especialmente significativas durante este tempo.
Artigos Relacionados :
Uns 1.300 ciclistas, segundo fontes da organización, secundaron este venres a terceira march ...
A Asociación de Clubes de Ferrol, AFAFE, acordou entregar o premio de comunicación desta te ...
Os internos da prisión de A Lama inauguraron o pasado Xoves a súa propia emisora de radio. ...
A cita é o 1 de Maio na Sala Mardi Gras (A Coruña) a partir das 22:00 h. "La Comodidad del ani ...
Este Domingo arranca en la sintonía de Punto Radio Galicia "Protagonístas Punto a Punto", un m ...







Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.