• Ano de aniversarios

    Este é un ano cargado de festas para a radio en Galicia.  O pasado 2008 Radio Galicia (Cadena SER) celebraba o seu 75 aniversario con multitude de actos nos que incluso estivo presente o popular animador do Carrusel deportivo da SER Pepe Domingo Castaño, natural de Padrón.

    Este ano tócalle o turno a Radio Coruña SER (EAJ 41) , que celebra tamén o seu 75 aniversario.

    Pola súa banda, a emisora municipal Radio Fene (actualmente a emisora central de Radiofusión) celebra 25 anos informando e entretendo ós veciños e veciñas de Fene e de toda a bisbarra.  Non hai que esquecer que Radio Fene foi a primeira emisora que emitíu en galego (antes incluso que a Radio Galega). Por Radio Fene pasaron numerosos colaboradores e traballadores que están hoxe en día exercendo no mundo da comunicación como por exemplo Raúl Villares (director de Galicia en Goles da Radio Galega) ou Susana Falcón, presentadora de “La Verbena” en Radiovoz.


    Publicado o 15 de febrero de 2009 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario