• Antonio Durán “Morris” en “A hora de Paulo Regueiro”

    Antonio Durán “Morris” (na foto xunto a Paulo Regueiro) visitará a vindeira semana o programa “A hora de Paulo Regueiro” que se emite cada Sábado de 10 a 11 da mañá. O veterán actor que na actualidade interpreta a Edelmiro Ferreira na serie da TVG “Padre Casares” fará neste programa un repaso á súa traxectoria profesional dende os seus comezos, e facendo especial hincapé nun dos proxectos que o ocupan na actualidade: Padre Casares, unha serie que xa foi dobrada ao castelán para emitir en Tele Madrid e que se exportou a outras Comunidades Autónomas como Baleares ou Andalucía.


    Publicado o 13 de marzo de 2010 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario