A historia de Radio Vigo está íntimamente ligada a D. Eugenio González de Haz, quen ó longo de décadas exerceu como empresario innovador e singular, pero tamén como profesional do medio, no que exerceu como director de emisora dende a súa propia condición de xornalísta.

Radio Vigo
A radio en Vigo comezou a súa andadura o 24 de abril de 1934, nuns modestísimos estudios da rúa Abeleira Menéndez e cuns primitivos equipos. Esa esforzada condición comezaría a cambiar radicalmente, nunha evidente expansión e capacitación, a partír de 1939 cando Don Eugenio González de Haz faise cargo da xestión e propiedade da estación radiofónica.
Anos máis tarde, concretamente en 1941, inaugúranse os estudios ubicados nun piso da céntrica rúa do Príncipe, sendo en setembro de 1957 cando Radio Vigo se integra na Cadena Ser.
Durante a década dos 70, a empresa familiar convírtese en Sociedade Anónima e a finais da década prodúcese un cambio de instalacións a uns novos locais da rúa Policarpo Sanz. As instalacións da rúa do Príncipe cumplían por aquel entón 40 anos e chegara o momento de dar un novo impulso á emisora, sobre todo coa posta en marcha das emisoras na FM, coa incorporación da emisión de Los 40 Principales.
En 1993 comeza as súas emisións en Vigo M80 Radio, froito da fusión de Cadena Minuto e Radio 80. Pouco despois intégrase Cadena Dial a Radio Vigo, e no ano 2002 prodúcese a última incorporación, Máxima FM.
No ano 2006 Radio Vigo da un grande paso máis na súa aposta de futuro e modernización trasladándose a uns novos estudios totalmente dixitalizados na rúa Arenal 6, un edificio emblemático que data de 1879.
Estas son as frecuencias nas que podemos sintonizar actualmente as distintas emisoras do grupo:
Cadena SER: 100.6 fm / 1026 am
Cadena 40 Principales: 99.4 fm
Cadena Dial: 96.9 fm
M80 Radio: 101.2 fm
Máxima fm: 104.7 fm






Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.