Mentres que a Cadena COPE perde oíntes por cada esquina, a emisora musical da Conferencia Episcopal, Cadena 100, acurta distancias en cada EGM cos seus inmediatos competidores, o cal fixo saltar as alarmas nas cadenas musicais de grupo PRISA. E aínda que esa distancia, en canto a número de oíntes, se atope máis preto de Cadena Dial, é nos despachos de 40 Principales onde se pensa dar un golpe de efecto.
A emisora de PRISA, segundo estudos internos, presenta debilidades respecto aos seus competidores e unha delas é, precisamente, que ofrecía tan só 20 minutos sin pausa, fronte ós 45 de Cadena 100.
Vémolo con máis detalle:
En 40 Principales, a partír desde Sábado, soará ás horas en punto un jingle horario, seguiralle un tema musical despedido polo locutor de cadena, lanzando inmediatamente un jingle de desconexión para as emisoras locais. Nese momento porán música ata o minuto 40, onde estará o primeiro bloque publicitario, de 6 minutos e 30 segundos. Despois dese bloque (3 publicidade cadena + 3:30 publicidade local) soarán dous temas sen pausa pero editados a 3 minutos cada un para que no minuto 53:30 se volva a lanzar un novo bloque publicitario similar ao anterior.
Artigos Relacionados :
O programa despertador da Cadena 40 Principales que diríxe Frank Blanco visitará Vigo o vind ...
A emisora 40 Principales Coruña (91.0 fm) levará a varios oíntes á gala de entrega dos "Prem ...
Radio Vigo Cadena SER pecha o 2009 como a emisora líder con 77.000 oíntes diarios de luns a ...
As radiofórmulas musicais tales como Cadena Dial, M80, 40 Principales (PRISA), Europa f ...
A historia de Radio Vigo está íntimamente ligada a D. Eugenio González de Haz, quen ó longo de ...







3 comentarios
1 de Junio de 2010 as 22:41
Boas. Sabedes se as emisoras galegas de 40 principales están facendo programación neses espazos de desconexións locais ou simplemente se adican a poñer a música que lles mandan enlata dende Madrid???
Un saúdo
3 de Junio de 2010 as 9:30
hola Xesús.
Segundo teño entendido, as emisoras galegas de 40 principales emiten programación de madrid onde antes había programación local. Só emiten bloques de publicidade local.
Fáloche do que fan Los 40 principales Coruña e Los 40 principales Nordés (Vimianzo – Cee). Saúdos.
3 de Junio de 2010 as 11:58
efectivamente Federico, 40 principales xa non ten locutores locais para aforrar cartos. por outra parte, o que facian antes os locutores era exactamente o que se estaba facendo simultaneamente en madrid, co cal resultaba absurdo pagarlle a un locutor para iso. a unica emisora galega de 40 que conserva locutores é 40 Vigo, co programa maketón, pero este emítese unicamente en verán, e presentao un locutor de ali da ser, o resto do ano meten madrid 24 h, só desconexions para publicidade
Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.