• 29Jul

    A emisora municipal de Arzúa abriu onte oficialmente as súas novas instalacións. O acto foi presidido polo alcalde, o nacionalísta Xaquín García Couso, e coa participación da xornalísta Rosa Aneiros fixeron un programa especial co director da emisora, Armando Cascón.

  • 24Jul

    Radiofusión, a programación conxunta das emisoras municipais galegas, realiza esta fin de semana dous programas especiais dende a capital Galega arredor do 25 de Xullo. O primeiro programa especial foi esta mesma tarde entre as 18 h e as 20 h, e mañá será a segunda cita entre as 16 h e as 19 h. Polo stand de Radiofusión pasaron hoxe e pasarán mañá diversos persoeiros da vida política, social e cultural do país.

  • 23Jul

    Cristian Mejías é un neno de Canarias que sofre unha discapacidade psicomotriz de nacemento, debido aos esforzos  que padeceu durante o parto. Esta discapacidade impidelle falar e moverse con normalidade.

    Na súa comunidade non ten posibilidade de tratamento, pero aquí en Galicia existe unha clínica que pode curalo utilizando células madre.

    O tratamento para Crístian custa aproximadamente 12.000 €, e a emisora municipal Radio Estrada e o grupo canario “Agua Marina” puxeron en marcha esta mesma semana unha colecta para recaudar fondos para axudar a este rapaz. Son moitos os oíntes que se pasaron xa pola emisora a dar o seu donativo. Para facelo, simplemente hai que achegarse a Radio Estrada na Avenida Benito Vigo nº 94 baixo da Estrada (Pontevedra).

    Esta emisora é xa unha veterana en canto a solidariedade, xa que non é a primeira vez que se poñen en marcha iniciativas coma esta dende Radio Estrada acadando sempre grande éxito de recadacións.

  • 23Jul

    A Garda Civíl de Lalín abriu unha investigación despois de recibír a denuncia  do roubo de diverso material da caseta de comunicacións de Onda Cero en Monte Carrio. Ás 16:30 hrs de onte detectouse a falta de emisión polas dúas frecuencias que se xestionan dende a capital dezana, tanto Onda Cero como Europa fm. Ao descartarse que fora pola ausencia de suministro eléctrico, un técnico da emisora desprazouse ata as instalacións de Monte Carrio, onde comprobou sobre as 18:30 hrs que a porta de acceso estaba forzada e que faltaban numerosos equipos de gran valor do seu interior. Nese momento avisouse á Garda Civíl, que investiga agora os feitos. Tamén dende ese intre traballouse por parte de Onda Cero e Europa fm para restituir a emisión, coa instalación de novos equipos.

    Non se descarta que os equipos puideran ser sustraídos para empregarse posteriormente nalgunha emisora pirata.

  • 22Jul

     

    La cadena gallega renueva la parrilla con un programa cargado de dosis de humor, muy participativo y cercano al oyente. Dedicatorias, consultorios, entrevistas, secciones especializadas y debates en un programa formato rio que se emitirá en más de 20 emisoras de toda la comunidad de Galicia, entre sus propios postes y municipales asociadas asi como en la web: www.radiolider.com

    El programa se llamará “Davidexposito. com” y se emitirá en Julio de 17 a 20 hrs y en Agosto de 14 a 18 hrs.

  • 17Jul

    Miguel Ángel Álvarez, que iniciou a tempada de verán esta semana, inaugurou no Morrazo os programas exteriores. O Morrazo é unha cita habitual para o programa La Terraza que cada verán intenta acercarse aos oíntes de toda a comarca. Así, Miguel Ángel Álvarez, realizou un especial no que contou, entre outros, coa presenza de Mercedes Giráldez, Concelleira de Turísmo e Cultura, Xosé Bangueses, Presidente de FECIMO, Jesús Molanes, Presidente da Asociación de Armadores e Mariñeiros de Cangas, ou Lela Soage, Presidenta da Protectora do Morrazo.

  • 17Jul

    España Directo, o programa de Radio Nacional de España que dirixe e presenta Mamen Asensio, emitiu este pasado venres o programa dende a cuberta do Juan Sebastián Elcano, amarrado en Marín, co motivo da cerimonia de entrega de despachos aos alumnos que completaron os 5 anos na escola. O acto estivo presidido polos Príncipes de Asturias. Os reporteiros do programa estiveron desplegados por diferentes puntos deste bergantín botado en Cádiz en 1927. Trátase dun dos maiores e máis antigos veleiros que aínda navegan, e o seu cometido é o de formar aos futuros oficiais da Armada Española, coñecidos como os guardamarinas.

  • 03Jul

    O xove locutor naronés Óscar Martínez asumiu dende o pasado Xoves a presentación do espazo deportivo “A Bancada” que se emíte de Luns a Venres de 14h a 14:30h. Óscar desenvolverá estas tarefas durante todo o mes de Xullo, tomando o relevo do coñecido xornalista Xan Morales. O espazo “A Bancada” é un dos máis escoitados da emisora xunto co “Carrusel Volta á Ría” desa mesma casa, que se emite todos os Domingos.

    Óscar Martínez ten unha ampla experiencia en radio. Dende o ano 2005 adícase a colaboracións continuas en diversos medios radiofónicos. Agora, con 18 anos chégalle a oportunidade seria neste mundo. O xove naronés coñece a casa, xa que co-presenta todos os Domingos o espazo “Carrusel Volta á Ría”.