O programa Carrusel Volta á Ría deu o salto á intensificación social e o seu desembarco en Facebook serve para potenciar o noso xa abultado club de amigos….moi numeroso a través das ondas radiofónicas.
A nosa chegada a rede social busca incrementar o noso servizo publico, non só para a xente que vive en Ferrolterra, senon para todos aqueles Ferrolterráns que se atopan en calquer punto do mundo. Sabemos que Internet é a ferramenta perfecta para facer fluxos de comunicación interactivos entre os nosos conveciños e a emisora municipal de Fene. Queremos que a nosa presenza en Facebook signifique que todos e cada un dos nosos amigos sexan parte importante da producción do programa. Isto non o descubrimos agora porque alguén inventara os blogs, as páxinas interactivas e últimamente as redes sociais como Tuenti ou Facebook….Non, nós levamos tempo facendo dos veciños e dos oíntes unha parte máis da producción do programa….
O Carrusel Volta á Ría non é posible sen o apoio de todos aqueles colaboradores, moitos deles directivos, que domingo tras domingo, informan, comunican dende os seus campos coa radio para facer un proxecto en común.
Agora a nosa chegada a Facebook é revolucionaria. Queremos experimentar novas formas de comunicación interactiva entre a radio, o club de amigos e a plataforma da rede social que tamén nos serve como medio de comunicación. Este é o noso obxectivo como comunicadores.
Xan Morales.






