• Cristian Mejías é un neno de Canarias que sofre unha discapacidade psicomotriz de nacemento, debido aos esforzos  que padeceu durante o parto. Esta discapacidade impidelle falar e moverse con normalidade.

    Na súa comunidade non ten posibilidade de tratamento, pero aquí en Galicia existe unha clínica que pode curalo utilizando células madre.

    O tratamento para Crístian custa aproximadamente 12.000 €, e a emisora municipal Radio Estrada e o grupo canario “Agua Marina” puxeron en marcha esta mesma semana unha colecta para recaudar fondos para axudar a este rapaz. Son moitos os oíntes que se pasaron xa pola emisora a dar o seu donativo. Para facelo, simplemente hai que achegarse a Radio Estrada na Avenida Benito Vigo nº 94 baixo da Estrada (Pontevedra).

    Esta emisora é xa unha veterana en canto a solidariedade, xa que non é a primeira vez que se poñen en marcha iniciativas coma esta dende Radio Estrada acadando sempre grande éxito de recadacións.

    Publicado o 23 de julio do 2010
    Mais en: Noticias
  • A Garda Civíl de Lalín abriu unha investigación despois de recibír a denuncia  do roubo de diverso material da caseta de comunicacións de Onda Cero en Monte Carrio. Ás 16:30 hrs de onte detectouse a falta de emisión polas dúas frecuencias que se xestionan dende a capital dezana, tanto Onda Cero como Europa fm. Ao descartarse que fora pola ausencia de suministro eléctrico, un técnico da emisora desprazouse ata as instalacións de Monte Carrio, onde comprobou sobre as 18:30 hrs que a porta de acceso estaba forzada e que faltaban numerosos equipos de gran valor do seu interior. Nese momento avisouse á Garda Civíl, que investiga agora os feitos. Tamén dende ese intre traballouse por parte de Onda Cero e Europa fm para restituir a emisión, coa instalación de novos equipos.

    Non se descarta que os equipos puideran ser sustraídos para empregarse posteriormente nalgunha emisora pirata.

    Publicado o 23 de julio do 2010
    Mais en: Noticias
  •  

    La cadena gallega renueva la parrilla con un programa cargado de dosis de humor, muy participativo y cercano al oyente. Dedicatorias, consultorios, entrevistas, secciones especializadas y debates en un programa formato rio que se emitirá en más de 20 emisoras de toda la comunidad de Galicia, entre sus propios postes y municipales asociadas asi como en la web: www.radiolider.com

    El programa se llamará “Davidexposito. com” y se emitirá en Julio de 17 a 20 hrs y en Agosto de 14 a 18 hrs.

    Publicado o 22 de julio do 2010
    Mais en: Noticias
  • Miguel Ángel Álvarez, que iniciou a tempada de verán esta semana, inaugurou no Morrazo os programas exteriores. O Morrazo é unha cita habitual para o programa La Terraza que cada verán intenta acercarse aos oíntes de toda a comarca. Así, Miguel Ángel Álvarez, realizou un especial no que contou, entre outros, coa presenza de Mercedes Giráldez, Concelleira de Turísmo e Cultura, Xosé Bangueses, Presidente de FECIMO, Jesús Molanes, Presidente da Asociación de Armadores e Mariñeiros de Cangas, ou Lela Soage, Presidenta da Protectora do Morrazo.

    Publicado o 17 de julio do 2010
    Mais en: Noticias

  • España Directo, o programa de Radio Nacional de España que dirixe e presenta Mamen Asensio, emitiu este pasado venres o programa dende a cuberta do Juan Sebastián Elcano, amarrado en Marín, co motivo da cerimonia de entrega de despachos aos alumnos que completaron os 5 anos na escola.

    O acto estivo presidido polos Príncipes de Asturias. Os reporteiros do programa estiveron desplegados por diferentes puntos deste bergantín botado en Cádiz en 1927. Trátase dun dos maiores e máis antigos veleiros que aínda navegan, e o seu cometido é o de formar aos futuros oficiais da Armada Española, coñecidos como os guardamarinas.

    Publicado o 17 de julio do 2010
    Mais en: Noticias
  • O xove locutor naronés Óscar Martínez asumiu dende o pasado Xoves a presentación do espazo deportivo “A Bancada” que se emíte de Luns a Venres de 14h a 14:30h. Óscar desenvolverá estas tarefas durante todo o mes de Xullo, tomando o relevo do coñecido xornalista Xan Morales. O espazo “A Bancada” é un dos máis escoitados da emisora xunto co “Carrusel Volta á Ría” desa mesma casa, que se emite todos os Domingos.

    Óscar Martínez ten unha ampla experiencia en radio. Dende o ano 2005 adícase a colaboracións continuas en diversos medios radiofónicos. Agora, con 18 anos chégalle a oportunidade seria neste mundo. O xove naronés coñece a casa, xa que co-presenta todos os Domingos o espazo “Carrusel Volta á Ría”.

    Publicado o 3 de julio do 2010
    Mais en: Noticias
  • Radio Obradoiro estrena un nuevo espacio este Domingo dia 27. Diego González y Paulo Regueiro, que habían empezado un programa en Punto Radio Galicia y el cual abandonaron al poco tiempo (según ellos,debido a la pésima gestión que la dirección de dicha emisora hace en Galicia) arrancarán este Domingo un nuevo programa en la emisora de El Correo Gallego, Radio Obradoiro. El espacio se llamará Radiógenes y condensará cada semana entre las 12 y la 1 del mediodía los temas más actuales que nos afectan a todos, y todo ello en un ambiente desenfadado y plagado de ironía. Radiógenes estrena también su página en Facebook, donde pretenden que los oyentes plasmen sus opiniones y comentarios cada semana.

    Este Domingo se hablará, entre otros temas, de la nueva ley antitabaco, y el actor Morris estará en el primer programa para hablar de su reciente nombramiento como nuevo presidente de la Asociación de Actores y Actríces de Galicia.

    La cita será todos los Domingos a las 12 del mediodía en Radio Obradoiro.

    Publicado o 25 de junio do 2010
    Mais en: Noticias
  • Os bombeiros sofocaron na madrugada do mércores un pequeno incendio rexistrado supostamente a causa dun curtocircuíto na emisora de Onda Cero en Santiago de Compostela. A alarma saltou nas dependencias de La Voz de Galicia en Sabón, xa que a emisora comparte local co diario en Santiago, no barrio compostelano de Salgueiriños.

    Os bombeiros apagaron o lume, que afectou a un despacho e tamén ennegreceu a redacción. A pesar do incendio, a emisora funcionou con normalidade aínda que nun principio cortouse a emisión ó redor da 1:30.

    Publicado o 18 de junio do 2010
    Mais en: Noticias