Mentres que a Cadena COPE perde oíntes por cada esquina, a emisora musical da Conferencia Episcopal, Cadena 100, acurta distancias en cada EGM cos seus inmediatos competidores, o cal fixo saltar as alarmas nas cadenas musicais de grupo PRISA. E aínda que esa distancia, en canto a número de oíntes, se atope máis preto de Cadena Dial, é nos despachos de 40 Principales onde se pensa dar un golpe de efecto.
A emisora de PRISA, segundo estudos internos, presenta debilidades respecto aos seus competidores e unha delas é, precisamente, que ofrecía tan só 20 minutos sin pausa, fronte ós 45 de Cadena 100.
Vémolo con máis detalle:
En 40 Principales, a partír desde Sábado, soará ás horas en punto un jingle horario, seguiralle un tema musical despedido polo locutor de cadena, lanzando inmediatamente un jingle de desconexión para as emisoras locais. Nese momento porán música ata o minuto 40, onde estará o primeiro bloque publicitario, de 6 minutos e 30 segundos. Despois dese bloque (3 publicidade cadena + 3:30 publicidade local) soarán dous temas sen pausa pero editados a 3 minutos cada un para que no minuto 53:30 se volva a lanzar un novo bloque publicitario similar ao anterior.












