185.000 oíntes sintonízan cada día con algunha das emisoras de Radio Vigo Grupo de Comunicación na provincia de Pontevedra, sumando o 37 % da audiencia total da provincia e concretamente o 74 % da audiencia na cidade de Vigo.
-
-

O portavoz do grupo socialista na corporación de Palas de Rei, Horacio Rouco, enviou ao Valedor do Pobo, Benigno López Gonzalez, un escrito de queixa polo uso que, segundo manifesta, fai o equipo de goberno, do PP, da radio municipal. Despois de acordar a normativa legal que regula o funcionamento deste tipo de estacións radiofónicas, asegura que neste municipio a actividade de control por parte do pleno é imposible.
Rouco informou ao Valedor do Pobo que no pleno do dia 18 de Marzo foi tratada unha moción súa reclamando a constitución dun consello asesor, como establece a lei, para garantír a pluralidade e a participación dos grupos representados na corporación <>. Sen embargo, a proposta foi rexeitada polo PP, que argumentou que a emisora xa está controlada por unha ordenanza.
O portavoz socialista, segundo sinala no seu escrito ao Valedor, califica de artimaña a resposta do alcalde, que tamén é considerada <>. -

A cita é o 1 de Maio na Sala Mardi Gras (A Coruña) a partir das 22:00 h. “La Comodidad del anillo” de Zaragoza e “Faino ti” de Bueu, son as dúas bandas que van a desputarse o posto gañador do concurso deste ano, que se decidirá despois das actuacións.Cabe destacar que este ano se batiu o record de maquetas presentadas cun total de 151 traballos chegados de tódolos rincons de España. O premio para o grupo gañador ascende a 700 € e para o segundo 500 €, e tamén está previsto dar un premio á mellor banda coruñesa. Este dase a coñecer o 1 de Maio e o premio é de 300 €. Sen embargo, o dato importante é que a banda gañadora terá a oportunidade de ofrecer un concerto na FNAC da Coruña, onde será entregado o premio. As bandas finalistas nesta categoría son as seguintes: Proyecto Kournikova, Ruta 77, Watios, Solos e Cromática.
Durante o mes de Abril haberá un especial cada Mércores en Cuac fm ás 19:00 h para dar a coñecer ás bandas que participan nesta edición do concurso de maquetas. -
A Consellería de Traballo e Benestar avala a contratación do profesor Miguel Túñez na Radio Galega. O departamento que diríxe Beatríz Mato comunicou a anulación da incidencia relativa a esta fichaxe por entender que non existen motivos para considerar que se produxo algunha infracción polo feito de que Túñez este adscrito á Universidade de Santiago (USC).
Dende setembro, Túñez conduce o programa A Tarde, nas sobremesas de luns a venres da radio autonómica. A inspección de traballo levantara o pasado 19 de novembro un acta de infracción pola cesión supostamente ilegal de Túñez López á empresa Radio Televisión de Galicia, xa que simultaneaba as súas funcións como profesor da facultade de ciencias da comunicación, onde imparte a materia de producción da información na licenciatura de xornalismo, coas de director e presentador de “A Tarde”.
O sindicato CIG denunciou o mes pasado estos feitos e pediu ó rector da USC, Senén Barro, que requerise a Túñez para que cesara o seu traballo na radio.
Fonte: El País
-
Se as previsións se cumplen, Burela contará antes de fin de ano con emisora de radio municipal. A corporación local en pleno decidirá os estatutos e o reglamento que regulará o funcionamento e os fins do medio de comunicación que creará o Concello. A vindeira semana será debatido o proxecto do bipartito PSOE-BNG que na actualidade goberna Burela.
Pendente de formalizar a decisión, as instalacións da radio municipal burelense ubicaranse na Casa da Cultura. En principio, o persoal que se ocupará da programación e mantemento será contratado por EMUGA.
-
Antonio Durán “Morris” (na foto xunto a Paulo Regueiro) visitará a vindeira semana o programa “A hora de Paulo Regueiro” que se emite cada Sábado de 10 a 11 da mañá. O veterán actor que na actualidade interpreta a Edelmiro Ferreira na serie da TVG “Padre Casares” fará neste programa un repaso á súa traxectoria profesional dende os seus comezos, e facendo especial hincapé nun dos proxectos que o ocupan na actualidade: Padre Casares, unha serie que xa foi dobrada ao castelán para emitir en Tele Madrid e que se exportou a outras Comunidades Autónomas como Baleares ou Andalucía.
-
Xa é posible escoitar a emisión en directo da SER da túa Comunidade Autónoma (Galicia incluida) , dende calquera lugar do mundo no que accedas a internet. As 17 cabeceiras rexionais da CADENA SER están dispoñibles para que poidas conectar coa túa Comunidade Autónoma e seguir a programación rexional.
Dende agora, nas desconexións rexionais escoitarase a emisión rexional da SER en internet, xa que ata agora o que se escoitaba en cadenaser.com era a emisión nacional.
-
A recadación de cartos para Haití levada a cabo pola emisora municipal da Estrada rematou cun balance máis que positivo. En total recadaronse 1.330 € logo de celebrar a poxa na que se subastaron cousas do mais variopintas. Entre outras moitas cousas, o coñecido Sergio Pazos donou material exclusivo que só tiñan os traballadores do programa Caiga Quien Caiga, coma un chisqueiro, un bolígrafo ou unha camiseta. Carmen Eyo, recén proclamada mellor pulpeira de Galicia no Foro Gastronómico de Santiago de Compostela, donou as tesoiras que a fixeron gañadora e un prato. Unha empresa de traballos forestais donou 8 horas de traballo; unha tenda donou un saco para meter ao bebé na cuna, e unha particular, un anel de ouro.
A esta recadación hai que sumar o que se xuntou nunha furna instalada na emisora, e a doazón dunha asociación que recentemente se desfixo e que cedeu os cartos que lles quedaban para esta obra benéfica.











