O vindeiro Sábado 27 o programa que diríxe Alex Pérez “Stars” recibirá a visita de Patricia Moon, unha excelente violinísta coñecida entre outras cousas pola proeza que fixo na emblemática Porta de Alcalá, onde estivo tocando durante 7 dias metida nunha burbulla de cristal, actividade que tivo unha grande repercusión mediática. Para coñecer máis acerca desta artista podedes entrar no seu myspace: myspace.com/patriciarguelles
-
-
El Partido Socialista de Palas de Rei presentará en el próximo pleno una moción sobre la creación del consejo asesor de la radio municipal de este Concello, una decisión que consideran «urgente e inmediata».
El grupo que lidera Horacio Rouco basa su petición en que las emisoras municipales son consideradas de interés público y su funcionamiento se basa en la objetividad, veracidad y opinión, así como el pluralismo político y religioso y la protección del honor, la juventud y la infancia, preceptos cuyo cumplimiento debería de garantizar el pleno de la Corporación. Por todo ello, desde el PSOE consideran que las radios públicas deben de contar con un consejo asesor integrado de forma proporcional por las fuerzas políticas del consistorio.
En la oposición aseguran que Radio Palas FM está en una situación de alegalidad desde el 2007 que se corregiría con esta moción. -
Despois dun parón no espazo que presentaba os Sábados pola mañá, esta fin de semana regresa ás ondas Paulo Regueiro cun novo programa que se chamará “A hora de Paulo Regueiro” e que se emitirá a través das emisoras municipais galegas. Este espazo estará vertebrado, principalmente, pola música, aínda que tamén se incluirán seccións como por exemplo unha na que se botará a vista atrás no mundo da televisión. No primeiro programa recordarase ao coñecido humorista Eugenio.
A cita será cada Sábado a partir das 10 da mañá en Radiofusión (EMUGA), a rede de emisoras municipais galegas (www.radiofusion.eu)
-
A ONCE porá á venda un cupón con alegorías referidas ao 75 aniversario de Radio Lugo, asociada á SER, e que forma parte dos actos programados por esta emisora ao longo de 2010, segundo informan fontes da propia empresa. O cupón sairá á venda para o sorteo do 18 de Abril de 2010 e no mesmo figurará o logotipo do 75 aniversario e poderá verse a figura do fundador, o leonés Ramón Beberide, nun estudio de radio. Ademais, a emisora decana de Lugo está aproveitando a ocasión para recuperar na súa programación voces de todos estes anos nos que disfrutaron de programas de grande éxito e popularidade. Entre finais de Maio e principios de Xuño, Radio Lugo ten previsto celebrar como acto central unha gala, na que se otorgarán varios premios a persoas e entidades que resultaron especialmente significativas durante este tempo.
-
Once alumnos do instituto de Ames de entre 12 e 18 anos iniciaronse no mundo da radio grazas a un taller que organiza a OMIX deste concello. As sesións deste taller son vespertinas e semanais e nelas os participantes deron os primeiros pasos para facer un programa de radio grabando as súas propias voces para escoitalas posteriormente e saber que aspectos teñen que correxir. En clases futuras introduciranse en cuestións máis técnicas do funcionamento da radio e os diferentes xéneros xornalísticos que aplican os profesionais deste ramo.
O curso consta de nove sesións de dúas horas de duración. A súa execución forma parte dos programas de formación integral da OMIX.
-
O mítico grupo “Europe”, creador de grandes éxitos internacionais como “The final countdown”, visitarán o vindeiro Sábado 6 de Febreiro o programa “Stars” que dende hai xa uns cantos anos presenta Alex Pérez, quen realizará esta entrevista. O programa pódese escoitar os Sábados de 9 a 10 da máñá e os Luns de 5 a 6 da tarde en Radiofusión, a rede de emisoras municipais galegas.
Isto será o día 6 de Febreiro, pero, para ir abrindo boca, este Sábado visítan o programa os carballeses “Traboute”.
Stars consolídase así como un programa referente dentro da cultura heavy, xa que este espazo se escoita tamén habitualmente dende moitos outros puntos de Europa a través de internet (www.radiofusion.eu)
-
A emisora municipal estradense (107.7 fm) sumouse como outras moitas entidades á recadación de cartos para axudar ós damnificados de Haití. Os interesados e interesadas en facer a súa aportación, deben pasarse pola emisora, situada na Avenida Benito Vigo número 94 da Estrada, onde foi habilitada unha furna coa finalidade de recoller os donativos.
Ditos cartos serán ingresados posteriormente nunha conta para ser enviados en forma de axuda a Haití.
-
Radio Ordes, a emisora municipal ordense, segue ampliando os seus servizos e dende a semana pasada ofrece a posibilidade de escoitar toda a súa programación a través de internet.
Logo dun período de probas, a dirección da emisora encabezada por Pablo Quinteiro (na imáxe) ofrece a posibilidade de acceder á programación en tempo real e de emisión a través da súa páxina web (www.radioordes.com)












