A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación acaba de editar en CD o programa de radio grabado polos alumnos de seis colexios estradenses no marco da campaña de animación lingüística “Palabras no ar”, que xestiona a editorial Kalandraca ó amparo da iniciativa Bocaberta.
Alumnos de infantil e primaria dos centros educativos Cabada Vázquez, Figueroa, O Foxo, Manuel Villar Paramá, Oca e Pérez Viondi grabaron nos estudios de Radio Estrada un programa que conservarán para o recordo grazas á difusión gratuita dos CD.
Fonte: La Voz de Galicia







Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.