Faleceu Rafaela Hervada, a primeira muller que dirixíu unha radio en España. Era a presidenta de Radio Coruña, tiña 92 anos, a maioría dos cales os dedicou a este medio que veu nacer e crecer. Pertencía a unha xeración que inaugurou a radio en España e a modernizou.
Colleu o relevo en 1964 do seu pai, Francisco, Pancho, Hervada, o fundador de Radio Coruña e dirixíu a emisora ata 1989, cando a sustituíu o seu sobriño, Angel Gómez Hervada.
Durante anos foi a única muller directora de radio en España. Antes fora tamén a primeira muller licenciada en Dereito na Coruña. Ser muller nunca foi fácil e ela mesma o dicía. omo directora de Radio Coruña, emisora asociada á Cadena SER dende 1949, impulsou os informativos, as emisións 24 horas e as licencias para poder emitír pola FM Los 40 Principales.
Nunha das súas ultimas declaracións públicas ainda falaba da clave para que todo funcione dende a época dos discos dedicados á radio dixital. O capital humano e o traballo en equipo.
Texto de Consuelo Bautista (Radio Coruña SER)
Artigos Relacionados :
O alcalde da Coruña, Javier Losada, entregou a medalla ó mérito a Radio Coruña polos 75 anos de ...
O vindeiro Venres 5 de Marzo, o equipo do programa despertador máis escoitado do país trasla ...
O día 8 de marzo celebramos, un ano máis, o día da Muller e no Carrusel Volta á Ría non desaprov ...
O xornalísta Carlos Torreiro, natural de Pontedeume (A Coruña), faleceu o pasado 29 de Agosto ...
Durante as últimas 24 horas en Radio Eume cambiáronse os micros por doces, por celebración e s ...







Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.