Na madrileña Porta do Sol xa está todo preparado para que milleiros de españois poidamos tomar as uvas esta noite coma cada ano. E nós xa temos preparado todo para seguir informandote en 2010 do que aconteza en torno á radio en Galicia.
Esta web comezaba a súa andadura hai xa uns meses, froito dunha conversa nun bar entre dous amigos, e agora, a piques de rematar este ano, é momento de facer balances, e o balance non pode ser mellor xa que son cada día máis persoas as que nos seguen, as que se únen ó noso grupo de Facebook e de Twiter, e as que nos felicitan pola nosa labor.
A todos eles, desexarlles o mellor para o ano que comeza, e que sigan informándose do que pasa nas emisoras da nosa comunidade.
FELIZ 2010!




![Reloj_puerta_del_sol[1]](http://radioengalicia.com/wp-content/uploads/2009/12/Reloj_puerta_del_sol11.jpg)


Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.