A inspección de traballo declarou en fraude de lei a contratación, na modalidade de interinidade en vacante, da xefa de programas Gloria Ferreiro. Segundo a autoridade laboral, Ferreiro foi contratada para coordinar os programas e os locutores que presentan os mesmos e estas funcións non coinciden coas de locutora de radio sinaladas no contrato.
Ademais, a contratación de Gloria Ferreiro celebrouse á márxe do procedemento de contratación temporal establecido no convenio colectivo da CRTVG e as súas sociedades, que ten por finalidade cumprir cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade. E dicir; Gloria Ferreiro foi contratada lesionando o dereito preferente doutros aspirantes pola súa puntuación acreditada nos listados de contratación temporal.
Por todo isto, a inspectora considera que a xefa de programas da Radio Galega foi contratada en fraude de lei, infracción tipificada como grave na Lei sobre infraccións e Sancións na Orde Social.
Esta nova infracción súmase á imposta pola Inspección de Traballo hai unhas semanas á radio pública pola cesión ilegal do traballador da USC Miguel Túñez, que actualmente dirixe e presenta o programa “La Tarde”.
Fonte: mundogaliza.com
Publicado o 7 de enero de 2010 en Noticias
Artigos Relacionados :
A Consellería de Traballo e Benestar avala a contratación do profesor Miguel Túñez na Radio ...
Radiofusión, a programación conxunta das emisoras municipais galegas, realiza esta fin de se ...
As redes sociais de internet estanse a converter en grandes aliados das emisoras de radio á ...
A ONCE porá á venda un cupón con alegorías referidas ao 75 aniversario de Radio Lugo, asocia ...
O pasado domingo, a web voltaaria.com , pertencente ó popular carrusel de Radiofusión, rexistrou ...







Deixa o teu comentario