• José Antonio Dono en Radio Estrada

    jose antonio dono

    Interesante a proposta que nos ofrecen dende Radio Estrada (107.7 fm) cada Venres. O socialísta José Antonio Dono, alcalde do municipio pontevedrés, protagoniza un espazo no que repasa a actualidade municipal dos últimos días, e no que os veciños e veciñas da Estrada teñen a oportunidade de formular as súas preguntas, expresar as súas queixas ou solicitar arranxos.

    O programa emítese tódolos Venres de 12:15  a 13:00 h no 107.7 fm e tamén na páxina web da emisora: www.radioestrada.com

    Para poñerse en contacto co alcalde, pódese facer de dous xeitos; chamando ó 986 57 34 33 ou ben mandando un correo electrónico ó enderezo: info@radioestrada.com


    Publicado o 13 de noviembre de 2009 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario