• Andrea Fernández Maneiro

    Andrea Fernández Maneiro comezou a sua andaina laboral no ano 1983 en Radio Arosa-Ser, de donde pasou a Santiago de Compostela en xaneiro de 1988 onde rematou o seu contrato ao incorporarse á Radio Galega en agosto de 1988, para subsituir a Xusto Lopez desenvolvendo numerosos programas.

    Obtivo xunto con Luis Rial e José Luis Alvite, o Premio Galicia de Xornalismo, de sucesos, do ano 1989, polo programa semanal: “Oito meses e un día” (Radio Galega).

    No ano 1995 traballou 6 meses formando ó persoal de Radio Catoira, e dende 1996 dedicouse á docencia en cursos do Plan FIP (Locutor de radio) en concellos como A Estrada, Ponteareas, Pontevedra, etc., no 1996 incorporouse ao equipo que puxo en marcha Radio Salnés onde estivo ata o ano 1998, simultaneandoo coa docencia e a gravación de publicidade radiofónica.

    Traballou logo nun gabinete de prensa político desde 1999 ata o 2006.

    É a colexiada nº 63 do Colexio de Xornalistas de Galicia, non titulada é autodidacta, a sua formación académica formal rematou no incio da carreira de Psicoloxía na UNED.

    Desde aquela non ten relación algunha cos medios de comunicación (nin desenvolve traballo remunerado), agás o blog que comenzou o sete de maio do 2008.

    Artigos Relacionados :