• Paulo Regueiro

    Paulo Regueiro naceu en Redes (Ares), provincia de A Coruña, o 10 de xuño de 1986. Cursou estudos superiores de xestión comercial e marketing.

    Paulo Regueiro

    Paulo Regueiro

    As súas primeiras intervencións en radio foron nun programa musical de Radio Fene (107.7 fm), con Víctor Lago.

    Posteriormente colaborou durante 10 meses en  Onda Local de Narón, presentando diferentes espazos musicais.

    En Marzo de 2006 comeza a traballar en 97.3 Rías Altas, emisora na que durante un ano presenta espazos musicais, deportivos, informativos, un magazine en verán todalas mañás, e durante dous meses fai tamén de reporteiro de rúa.

    En Marzo de 2007 pasa a traballar en Radio Atlántica (92.3 fm), onde tamén presenta diversos espazos, principalmente musicais e deportivos. Abandona Radio Atlántica en Novembro de ese mesmo ano.

    En Novembro de 2007 comeza a traballar en Radio Fene (107.7 fm).

    No verán de 2008 presenta o programa “Arriba Galicia” xunto a Félix Jorquera Caselas para varias emisoras municipais.

    Durante os meses de Outubro, Novembro e Decembro de 2007 asíste a un curso de dobraxe  impartido por Miguel Pernas Cora na productora “UNO TV” en A Coruña.

    Entre Marzo e Setembro de 2009; curso de dobraxe en castelán en “Penteo Films” (Ferrol)

    Marzo 2009: Curso de radio organizado polo Consello da Xuventude de Galicia e Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia; Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

    Locución dos indicativos do programa “Despertando Contigo” (Radio Estrada) temporada 2009-2010

    En Xuño de 2010 inicia un programa xunto a Diego González en Radio Obradoiro, a emisora do grupo Correo Gallego.

    Durante o verán de 2010 presenta o programa despertador de Radio Estrada (Pontevedra) “Despertando contigo en verán”.

    Habitualmente presta a súa voz á dobraxe e á publicidade para diferentes plataformas: Digital Plus, Paramount Comedy, Cadena Ser, Cope, Onda Cero, Cadena 40 Principales, Cadena 100, Emuga, etc

    Tamén realizou pequenas colaboracións para emisoras latinoamericanas como Teurama Stéreo (Colombia) ou Radio Carmelo 1460 AM (Uruguay)

     

    E-mail: prsalorio@gmail.com

    Web: www.pauloregueiro.com