
Xan Morales ós micros de RadioFusión
-Xornalista, 41 anos
-Estudos de Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela
-Cursos de Redacción Locución en Radio Fene.
-Cursos Intensivos de Radio de Ibermedia de Comunicación, Producción y Consulting Audivisual impartido polo profesor Arturo Merayo.
-Curso de radio e auditoria radiofónica realizada polo profesor Gontzol Toral, profesor de radio da Universidade do País Vasco
-Xornadas de Emuga (Emisoras Municipais Galegas)
-Redactor deportivo da Emisora Municipal de Fene. (Radio Fene), hoxe Radiofusión
-Presenta e dirixe un programa deportivo diario dende decembro de 1993 ás duas da tarde. Nun principio chamábase “O tempo do deporte”. A partir de 1999 chamouse “A Xunqueira” e a partir de 2007 trocou de novo o nome e chámase “A Bancada”. Durante dous anos emitíuse de dez a once da noite.
-Presenta e dirixe dende 1996 o Carrusel “Volta á Ría” que se emite nas tardes do domingo. Foi un dos primeiros Carruseis locais en emitirse en Galicia e ademáis en galego. Do Carrusel “Volta á Ria” sairon destacados xornalistas galegos como Raúl Villares actual director do “Galicia en Goles”, o Carrusel da Radio Galega. Miguel Lameiro, correspondente de deportes da Radio Galega en Ferrol. Amparo Ginés, presentadora e editora do informativo de tarde da Radiovoz-Galicia. Susana Falcón, presentadora e directora do programa “La Verbena” de Radiovoz-Galicia. Juan Galego, responsable de deportes de Localia TV Ferrol e La Opinión de A Coruña. Oscar Martínez, ex delegado do diario AS en Vigo, Agueda Serantes, editora do Telexornal Fin de Semana de Televisión de Galicia, Beatriz Couce realizadora de Televisión de Galicia. Actualmente dirixe e presenta este Carrusel Volta á Ría con Paulo Regueiro, Oscar Martínez e Manuel Castro.
-Retransmitiu en directo os ascensos a Segunda División do Racing de Ferrol no ano 2.000 e posteriores e do Parrulo Ferrol a División de Honra no ano 1998.
-Retransmitiu os partidos do Boandanza de Fene na División de Honra dende o ano 2.000 e antes na Primeira Nacional A.
-Retransmitiu varios Rallyes de Narón e do Slalom de Fene, así como colaborou en varios programas especiais sobre a Festa do Cabalo de Magalofes.
-Co presesntou un programa especial dende as nove da mañá e ata ás nove da noite no día histórico da rotura da Ponte das Pias pola plataforma Discoverer Interprise. Programación especial xunto con Henrique Sanfiz, María Xesús Arias, Xavier Fernández e Miguel Tellado.
-Foi Xefe de Deportes da publicación mensual e semanal “O Comarcal”, editada en Pontedeume no ano 2.000
-Colexiado fundador (número 67), de 1.300 colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
-Membro electo do Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Representa á demarcación de Ferrolterra dende o ano 2.000.
-Presidente do Club de Prensa de Ferrol dende xaneiro de 2.005 (formou parte da directiva dende 1999)
-Presidente da prestixiosa revista “Ferrol-Análisis” de cultura e pensamento
-Durante o seu mandato o Club de Prensa de Ferrol recibiu o premio “Galicia Comunicación 2006” que entrega a Xunta de Galicia, como mellor institución ou entidade no eido da comunicación durante o ano 2.006.
-Coordenador do Congreso sobre “José Canalejas” celebrado en Ferrol xunto coa Universidade de A Coruña.
-Coordenador de Cursos de Verán Carlos Gurméndez de Pontedeume que organiza o Club de Prensa de Ferrol, o Concello de Pontedeume e a Universidade de A Coruña
-Preside o xurado e a exposición Galicia en Foco de fotoxornalismo galego que percorre España e Portugal durante todo o ano.
-Participa no Foro de Periodistas do Estado Español como membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do Club de Prensa de Ferrol.
-Co-preside xunto co Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia o premio José Couso de Liberdade de Prensa que impulsou no ano 2004 xunto co directivo do CPXG Dario Janeiro e Caixanova.
-Membro do xurado da Gala do Deporte de Narón dende o ano 1999
-Membro do xurado do premio das Letras Galegas que organizan os centros de ensino de Narón xunto coa concelleria de educación do Concello naronés.
-Insignia de prata da Asociación de Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala de Ferrolterra polo seu labor no eido da comunicación comarcal.
-Premio especial da Federación Galega de Fútbol Sala en recoñecemento pola divulgación deste deporte e polo labor mediático.
E-mail: moralesxan@gmail.com




