O alcalde da Coruña, Javier Losada, entregou a medalla ó mérito a Radio Coruña polos 75 anos de vida da emisora na cidade herculina nun acto celebrado no Palacio Municipal de María Pita.

Javier Losada
Representantes da vida politica, social, económica, xudicial e cultural estiveron presentes neste acto respaldando a esta emisora no seu 75 aniversario.
O director de Radio Coruña, Angel Gómez Hervada, foi o encargado de recoller a medalla. No seu discurso, reivindicou a liberdade de prensa fronte a quen “aínda ten a tentación de censurar” e reclamou que a cidade non se perda en debates estériles.






Un comentario
30 de Octubre de 2009 as 12:34
Noraboa a Radio Coruña por toda unha vida informando non só á xente de Coruña cidade senon de toda a provincia!!!
Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.