• O XII concurso de maquetas de Cuac fm xa ten finalistas


    A cita é o 1 de Maio na Sala Mardi Gras (A Coruña) a partir das 22:00 h. “La Comodidad del anillo” de Zaragoza  e “Faino ti” de Bueu, son as dúas bandas que van a desputarse o posto gañador do concurso deste ano, que se decidirá despois das actuacións.

    Cabe destacar que este ano se batiu o record de maquetas presentadas cun total de 151 traballos chegados de tódolos rincons de España. O premio para o grupo gañador ascende a 700 € e para o segundo 500 €, e tamén está previsto dar un premio á mellor banda coruñesa. Este dase a coñecer o 1 de Maio e o premio é de 300 €. Sen embargo, o dato importante é que a banda gañadora terá a oportunidade de ofrecer un concerto na FNAC da Coruña, onde será entregado o premio. As bandas finalistas nesta categoría son as seguintes: Proyecto Kournikova, Ruta 77, Watios, Solos e Cromática.
    Durante o mes de Abril haberá un especial cada Mércores en Cuac fm ás 19:00 h para dar a coñecer ás bandas que participan nesta edición do concurso de maquetas.


    Publicado o 2 de abril de 2010 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario