• Onda Cero Santiago sofre un pequeno incendio

    Os bombeiros sofocaron na madrugada do mércores un pequeno incendio rexistrado supostamente a causa dun curtocircuíto na emisora de Onda Cero en Santiago de Compostela. A alarma saltou nas dependencias de La Voz de Galicia en Sabón, xa que a emisora comparte local co diario en Santiago, no barrio compostelano de Salgueiriños.

    Os bombeiros apagaron o lume, que afectou a un despacho e tamén ennegreceu a redacción. A pesar do incendio, a emisora funcionou con normalidade aínda que nun principio cortouse a emisión ó redor da 1:30.


    Publicado o 18 de junio de 2010 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario