• 04Nov

    Os máis pequenos deixan as súas voces para Radiovoz Bergantíños



    Radio Voz Bergantíños (99.8 fm) continúa emitindo os fragmentos teatrais interpretados polos máis pequenos da comarca. Así, en días previos, pasaron pola emisora grupos como o de quinto C do colexio carballés “Fogar”. No seu caso, ofreceron ó público “O achado do Castro”. Os do Canosa-Rus, pola súa parte, entonaron ante os micrófonos unha sorprendente historia baixo o título de “ A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos”. Todos eles xunto cos que hai uns días grabaron as súas obras para o décimo concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís, fixerono con grandes ganas, traballo e ilusión. Fixeron desta unha edición emocionante que, de seguro, medrará para o ano.

    Mais en: Noticias
    1 comentario
    Recibe tódalas novas no teu correo:

Un comentario

WP_Lime_Slice

Deixa o teu comentario

Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.