• 01Nov

    Radio Arzúa inicia a remodelación das súas instalacións



    radio arzua

    Radio Arzúa contará a finais deste ano cunhas instalacións máis amplias e modernas logo de executarse o proxecto de remodelación que se está levando a cabo. Un dos cambios máis salientables na emisora municipal será o aumento de espazo, pasando a ter  casi o dobre de superficie da que tiña ata agora.

    Xunto con este incremento de espazo, tamén hai que resaltar a creación de dous locutorios e outros tantos estudos; tal e como se contempla no proxecto, que se inclúe dentro do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL).

    Dito proxecto conta cun presuposto de 51.111,73 euros.

    Artigos Relacionados :

    Mais en: Noticias
    Sin comentarios
    Recibe tódalas novas no teu correo:

Deixa o teu comentario

Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.