• Radio Estrada, solidarios con Cristian

    Cristian Mejías é un neno de Canarias que sofre unha discapacidade psicomotriz de nacemento, debido aos esforzos  que padeceu durante o parto. Esta discapacidade impidelle falar e moverse con normalidade.

    Na súa comunidade non ten posibilidade de tratamento, pero aquí en Galicia existe unha clínica que pode curalo utilizando células madre.

    O tratamento para Crístian custa aproximadamente 12.000 €, e a emisora municipal Radio Estrada e o grupo canario “Agua Marina” puxeron en marcha esta mesma semana unha colecta para recaudar fondos para axudar a este rapaz. Son moitos os oíntes que se pasaron xa pola emisora a dar o seu donativo. Para facelo, simplemente hai que achegarse a Radio Estrada na Avenida Benito Vigo nº 94 baixo da Estrada (Pontevedra).

    Esta emisora é xa unha veterana en canto a solidariedade, xa que non é a primeira vez que se poñen en marcha iniciativas coma esta dende Radio Estrada acadando sempre grande éxito de recadacións.


    Publicado o 23 de julio de 2010 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario