• Radio Eume celebra o seu 20 aniversario

    mouzo
    Durante as últimas 24 horas en Radio Eume cambiáronse os micros por doces, por celebración e sobre todo por festa e recordos e é que a emisora de As Pontes cumpría 20 anos de vida. Un día enteiro de programación contínua e en directo baixo a batuta do seu coodinador; Xosé Cendán, na que non podían faltar, como é lóxico, as voces que fixeron do 107.5 fm o dial de referencia para os ponteses: Xosé Bernardino Mouzo O Chato (na imáxe), Carlos Consentino, José Coello, Paula Pereira, José Luis López, Roberto Rego ou Angel Cartelle, colaboradores e artífices de diferentes espazos radiofónicos destos 20 anos.

    Non faltou nesta conmemoración un repaso polos éxitos musicais destes últimos anos, en especial, daquel 11 de novembro de 1989 cando, por primeira vez, e baixo a dirección de Fina Blanco, Radio Eume abría as súas portas para converterse nun medio de comunicación de todos.

    Dende Radioengalicia, parabéns a Radio Eume As Pontes!!!


    Publicado o 12 de noviembre de 2009 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario