• Radio Fene, premio de comunicación de AFAFE

     

    A Asociación de Clubes de Ferrol, AFAFE, acordou entregar o premio de comunicación desta temporada a Radio Fene polos programas “Carrusel Volta á Ría” e “A Bancada”. Recoñecese así unha importante labor divulgativa do deporte de Ferrolterra. Estes dous programas están dirixidos e presentados polo xornalísta Xan Morales Somoza, e no caso do Carrusel Volta á Ría conta coa copresentación de Oscar Martínez e Paulo Regueiro no apartado técnico do programa. Segundo declararon dende a web www.voltaaria.com, este premio motiva para seguir sendo un referente nas tardes dos Domingos informando a toda a comarca Ferrolterrá de todo o que acontece no deporte local.

    O acto de entrega do premio está previsto que se celebre o venres 11 de Xuño en Ferrol.


    Publicado o 28 de mayo de 2010 en Noticias

    Artigos Relacionados :

Deixa o teu comentario