• 11Dic

    Radio Vigo pecha o 2009 cun balance moi positivo



    radio vigo logo

    Radio Vigo Cadena SER pecha o 2009 como a emisora líder con 77.000 oíntes diarios de luns a venres nas emisoras convencionais de Vigo, seguidos de Onda Cerlo con 18.000, da COPE con 15.000 oíntes e de lonxe por Radiovoz con 7.000 oíntes.

    40 Principales Vigo con 61.000 oíntes diarios de luns a venres, consolídase como a emisora líder na radio temática musical do sur de Galicia.

    Outras emisoras musicais de Radio Vigo Grupo de Comunicación seguen consolidando as súas posicións como Cadena DIAL con 18.000 oíntes, M80 Radio con 16.000 e Máxima fm con 15.000; por diante de emisoras como Cadena 100 Vigo con 11.000 oíntes diarios.

    Esta terceira oleada do EGM, acumulado dende o mes de Febreiro a Novembro de 2009, fai de Radio Vigo Grupo de Comunicación líder absoluto da radio no sur de Galicia.

     

    Nota remitída por Radio Vigo

    Mais en: Noticias
    Sin comentarios
    Recibe tódalas novas no teu correo:

Deixa o teu comentario

Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.