Uns 1.300 ciclistas, segundo fontes da organización, secundaron este venres a terceira marcha ciclista escolar desenrolada polo grupo de educación vial do Concello de Narón. Todos confluíron en torno ás 11 da mañá no paseo marítimo de Xuvia, ao que chegaron os ciclos escolares de todolos centros do municipio, caracterizados todos eles con camisetas de diferentes cores segundo a procedencia. Alí tomaron un refrixerio e asistíron a un sorteo de agasallos entre os que se atopaban unha bicicleta para cada colexio, xogos de seguridade viaria, dispositivos de música…etc.
Na xornada participou tamén a emisora Radio Voz Ferrol, que emitiu o programa “Voces de Ferrol” dende o paseo marítimo para seguir de preto os progresos dos xóvenes ciclistas de Narón, e contaron coa presenza, entre outros, do alcalde, Jose Manuel Blanco, e do edil de tráfico Ramón Padín.
Publicado o 30 de mayo de 2010 en Noticias
Artigos Relacionados :
La Voz de Galicia e Radiovoz Ferrol convidan a toda a comarca a participar na terceira edición ...
A ONCE porá á venda un cupón con alegorías referidas ao 75 aniversario de Radio Lugo, asocia ...
O vindeiro Venres 5 de Marzo, o equipo do programa despertador máis escoitado do país trasla ...
A Asociación de Clubes de Ferrol, AFAFE, acordou entregar o premio de comunicación desta te ...
Este venres 20 de Novembro, entre as 12:30 e as 14:00 h, coincidíndo coa inauguración de Gal ...







Deixa o teu comentario