A Radio Nería de Corcubión é unha das radios locais de Galicia que máis aposta polas novas tecnoloxías. E esta semana veñen de dar un paso máis coa renovación da súa bitácora na rede. O blog radioneria.blogspot.com mudou a súa imáxe nos ultimos dias coa fin de adaptarse aos tempos. Este novo deseño caracterízase por ser máis sinxelo e actual, polo que se facilita así a navegación e mellorase o elemento visual. Outro dos temas a ter en conta é a da cor, que a partires de agora sintonizará coa cor corporativa da radio.
Deste xeito dende a radio municipal corcubionesa continúan ligando a radio coa posibilidade que ofrece a rede ao máximo posible. Ademais de coñecer todo o que xira arredor da radio, no blog pódense descargar a totalidade dos programas, e escoitar a emisión en directo as 24 h do día.
Outra das ferramentas polas que apostan os compañeiros da Radio Neria no eido das novas tecnoloxías é o Facebook, onde teñen unha páxina, que en apenas unhas semanas colleitou máis de 250 siareiros. Nela colgan cada mañá os boletíns de novas, unha oferta única á que toda a Costa da Morte pode acceder para comezar o día ben informado.
Artigos Relacionados :
A emisora municipal de Corcubión, Radio Neria, volve a emitír con normalidade logo dun mes c ...
Radio Ordes, a emisora municipal ordense, segue ampliando os seus servizos e dende a semana pasa ...
O pasado domingo, a web voltaaria.com , pertencente ó popular carrusel de Radiofusión, rexistrou ...
O tradicional Carrusel Volta á Ría que diríxe e presenta Xan Morales en Radiofusión (Radio F ...
Hoxe temos que dar as grazas a toda esa xente que nos está apoiando cada día neste proxecto ...







Deixa o teu comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.