• 07Mar

    Resultado satisfactorio na recadación de cartos para Haití en Radio Estrada



    A recadación de cartos para Haití levada a cabo pola emisora municipal da Estrada rematou cun balance máis que positivo. En total recadaronse 1.330 € logo de celebrar a poxa na que se subastaron cousas do mais variopintas. Entre outras moitas cousas, o coñecido Sergio Pazos donou material exclusivo que só tiñan os traballadores do programa Caiga Quien Caiga, coma un chisqueiro, un bolígrafo ou unha camiseta. Carmen Eyo, recén proclamada mellor pulpeira de Galicia no Foro Gastronómico de Santiago de Compostela, donou as tesoiras que a fixeron gañadora e un prato. Unha empresa de traballos forestais donou 8 horas de traballo; unha tenda donou un saco para meter ao bebé na cuna, e unha particular, un anel de ouro.

    A esta recadación hai que sumar o que se xuntou nunha furna instalada na emisora, e a doazón dunha asociación que recentemente se desfixo e que cedeu os cartos que lles quedaban para esta obra benéfica.

    Mais en: Noticias
    Sin comentarios
    Recibe tódalas novas no teu correo:

Deixa o teu comentario

Esta web no se hace responsable de los comentarios que los usuarios escriben en la misma.