A Garda Civíl de Lalín abriu unha investigación despois de recibír a denuncia do roubo de diverso material da caseta de comunicacións de Onda Cero en Monte Carrio. Ás 16:30 hrs de onte detectouse a falta de emisión polas dúas frecuencias que se xestionan dende a capital dezana, tanto Onda Cero como Europa fm. Ao descartarse que fora pola ausencia de suministro eléctrico, un técnico da emisora desprazouse ata as instalacións de Monte Carrio, onde comprobou sobre as 18:30 hrs que a porta de acceso estaba forzada e que faltaban numerosos equipos de gran valor do seu interior. Nese momento avisouse á Garda Civíl, que investiga agora os feitos. Tamén dende ese intre traballouse por parte de Onda Cero e Europa fm para restituir a emisión, coa instalación de novos equipos.
Non se descarta que os equipos puideran ser sustraídos para empregarse posteriormente nalgunha emisora pirata.
Publicado o 23 de julio de 2010 en Noticias
Artigos Relacionados :
A policia local de Cerceda detivo o venres a tres veciños de Carballo acusados de sustraer diver ...
Os bombeiros sofocaron na madrugada do mércores un pequeno incendio rexistrado supostamente ...
Radio Arzúa estreará as súas novas instalacións este nadal. Tal e como afirmou o edil de urb ...
A historia de Radio Vigo está íntimamente ligada a D. Eugenio González de Haz, quen ó longo de ...
A emisora municipal de Arzúa abriu onte oficialmente as súas novas instalacións. O acto foi ...







Deixa o teu comentario