• 17Ene

    A policia local de Cerceda detivo o venres a tres veciños de Carballo acusados de sustraer diverso material audiovisual no Monte Castelo e Cerdeira, onde están ubicadas as antenas emisoras da radio e a televisión municipal.

    A alarma instalada polo concello despois de dous roubos anteriores saltou segundos despois das 12 da noite e unha patrulla da Policia Local desplazouse ata o punto. Os axentes atoparon dous vehiculos cos enseres cargados na parte traseira e, xunto a eles, a Marcos Bardanca Seijo, Basilio Añón Cambón e Alberto Silva Barros, alias Nené, tres carballeses de entre 20 e 30 anos, coñecidos polas forzas de seguridade da comarca, que xa foran detidos en anteriores ocasións por feitos similares.

    Nun primeiro momento intentaron convencer á policia de que a súa presenza naquel punto alonxado da poboación, era casual e que os obxetos atopados xa estaban fóra da ubicación orixinal cando eles chegaron. Ante a nula verosimilitud do seu relato, os axentes decidíron poñelos a disposición da Garda Civíl de Ordes, quenes os trasladaron a Santiago, onde pasaron a noite.

    Onte pola mañá, os tres acusados pasaron a disposición xudicial na Coruña. Despois de tomarlles declaración, o xuíz decretou o ingreso en prisión de Alberto Silva e deixou en liberdade ós outros dous supostos ladróns, coa obriga de presentarse periódicamente ante as autoridades.

    A marxe do roubado, as instalacións presentaron destrozos por un valor de 20000 euros, que obrigaron a suspender a programación da emisora local, non así a da canle de televisión que puido continuar en antena con normalidade.

Deixa o teu comentario