Once alumnos do instituto de Ames de entre 12 e 18 anos iniciaronse no mundo da radio grazas a un taller que organiza a OMIX deste concello. As sesións deste taller son vespertinas e semanais e nelas os participantes deron os primeiros pasos para facer un programa de radio grabando as súas propias voces para escoitalas posteriormente e saber que aspectos teñen que correxir. En clases futuras introduciranse en cuestións máis técnicas do funcionamento da radio e os diferentes xéneros xornalísticos que aplican os profesionais deste ramo.
O curso consta de nove sesións de dúas horas de duración. A súa execución forma parte dos programas de formación integral da OMIX.






Deixa o teu comentario